Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Touro anima aos veciños que desexen promover unha iniciativa empresarial a presentar o proxecto ás axudas Leader 2014-2020 xestionadas polo GDR Ulla Tambre Mandeo


O Concello de Touro invita aos seus veciños e veciñas que teñan interese en promover unha iniciativa empresarial productiva a presentar o proxecto ás axudas Leader 2014-2020 xestionadas polo GDR Ulla Tambre Mandeo, que xa está operativo ao 100%. Tamén poden presentar proxectos todas aquelas entidades públicas e privadas que desexen promover un proxecto non productivo de interese colectivo. O Concello de Touro convida a participar a habitantes e entidades nestas axudas impulsadas dende o GDR Ulla Tambre Mandeo. Os interesados que queiran recibir asesoramento poden poñerse en contacto co Servizo de Desenvolvemento Local do Concello de Touro ou co propio GDR, que ten a súas oficinas na avenida de Lugo, 41 en Pedrouzo-Arca (Concello do Pino).
O Concello de Touro, nunha nota informativa para a súa poboación, informa que o primeiro prazo para a presentación de proxectos remata o 31 de marzo de 2017. Ainda que haberá novas oportunidades a partir desa data. O GDR Ulla Tambre Mandeo ten o seguinte ámbito xeográfico: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar. O Concello de Touro pon exemplo dos proxectos productos que poden acudir ás axudas: mellora da eficiencia enerxética nas explotacións agrarias, transformación de productos agrarios ou forestais e creación e modernización de pequenas e medianas empresas non agrarias. Os proxectos non productivos deberán ter interese público e colectivo.
Os proxectos deberán estar localizados no territorio do GDR, ser viables técnica, económica e financeiramente, axustarse ás normativa sectorial, non estar iniciados e ser finalistas. Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, entidades públicas de carácter local ou comarcal e as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.